Monday 29 de April de 2024

O local social de San Xoán acollerá a exposición itinerante de alfombrismo de Galicia ata o 27 de decembro


Esta mostra forma parte do primeiro ‘Foro do alfombrismo de Galicia’ organizado por Fagaarte

O local social de San Xoán acollerá desde mañá, martes 22 de decembro, e ata o vindeiro domingo, 27 de decembro, a exposición itinerante do primeiro ‘Foro do alfombrismo de Galicia’ organizado pola Federación de Alfombristas Galegos de Arte Efémera ( Fagaarte) á que pertence o Concello de Miño.
A mostra inaugurarase mañá ás 12 horas e permanecerá aberta ao público todos os días de 16 a 20 horas. A continuación trasladarase á casa do concello para que poidan gozala aquelas persoas que o desexen durante o horario de apertura ao público do concello.
A planificación inicial do evento, no principio do ano, comprendía máis actividades pero debido ás consecuencias da pandemia a Federación de Alfombristas optou por realizar esta acción cun número moi reducido de asistentes.